16/03/13

DOS ARQUIVOS DE AURIN

Estamos a preparar o 30 aniversario do noso grupo. Con este motivo Teatro Aurin está en plenos ensaios do que será o seu espectáculo conmemorativo: Dos arquivos de Aurin. Esperamos poder estrealo en xuño, nun acto especialísimo que terá como escenario o Centro Daniel Castelao de Moaña.

04/01/11

Fin de tempada

Remata aquí o periplo de Vento ferido, depois da última función de Guillarei. Queremos agradecer a confianza depositada en nós e a tenra acollida dispensada ao noso espectáculo. Estamos traballando no que será o espectáculo de 2011. En canto o teñamos preparado presentarémolo nesta mesma páxina. Grazas a todos e bo ano!

30/05/10

"VENTO FERIDO" TEN BO PÚBLICO

Queremos agradecer aos espectadores e espectadoras a boa acollida do noso espectáculo Vento Ferido nestas funcións do primeiro semestre. Para un grupo amador como o noso o cariño percibido é o noso máis gratificante premio. Grazas.

18/03/10

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

VENTO FERIDO
- Sábado 15 de maio, estamos en Bueu, no Centro Social do Mar ás 21.00 h.
- Venres 30 de abril: invitáronnos a pechar a Mostra do Ensino Secundario do Morrazo que este ano se celebra no IES Johán Carballeira de Bueu, será a ás 12 da mañá.
- Sábado 24 de abril actuamos no Auditorio de Vilalba, ás 20.30.
- Xoves 25 de marzo estamos no Auditorio de Cangas ás 21.00 horas.